Comprobador gratuíto
GratisQue di a IA cando preguntan por empresas coma a túa?
Dinos a túa empresa, o teu sector e a túa cidade. Enviámosche o que responden os motores de IA, a quen nomean e tres próximos pasos. De balde e sen chamadas que non pediras.
Respostas literais
De 3 a 5 extractos do que responden os motores de IA a preguntas do teu sector.
Os teus competidores
A que empresas nomean cando non te nomean a ti.
O básico en Google
Unha revisión rápida da túa presenza e dos fallos técnicos máis visibles.
Tres próximos pasos
Que farías primeiro, xa sexa connosco, con outro provedor ou pola túa conta.
- 01
Enche o formulario
Empresa, web, sector, cidade e, se queres, ata 3 competidores.
- 02
Lanzamos as preguntas
Preguntas habituais do teu sector en polo menos 2 motores de IA, varias veces cada unha.
- 03
Revísao unha persoa
Agora mesmo cada informe revísao unha persoa antes de enviarcho por email.
- 04
Decides ti
Se queres afondar, o Diagnóstico de 490 € amplía o panel a 25 preguntas e engade un plan de 90 días.
Como medimos: lanzamos un conxunto de preguntas aos motores de IA a través dos seus servizos oficiais, nunha data concreta e con varias repeticións. As respostas da IA cambian segundo o motor, a forma de preguntar, o usuario e o momento, así que o que ves é unha aproximación, non unha verdade fixa: o que ve cada persoa pode variar. Sempre indicamos data, motores e método. Non garantimos que ningunha IA te mencione no futuro: medimos, non prometemos.
Que di a IA cando alguén pregunta por empresas coma a túa?
Compróbao gratis. Enviámosche as respostas literais e tres próximos pasos, sen chamadas comerciais que non pediches.
Sen permanencia · Prezos publicados · Todo ao teu nome